Ask the publishers to restore access to 500,000+ books.
A entrevistada no undécimo falangullo desta tempada é Rita Gallego.
Desde pequena foi unha cativa rebelde e cunha forte personalidade forxada nas rúas de Bouzas e Coia.
Rita é unha persoa moi activa e chea de enerxía. Gaña o salario,
escaso, traballando no Servizo de Atención no Fogar que presta ServiSAR
para o concello de Vigo. As empregadas prefiren nomear así o servizo no
canto de “axuda no fogar”, para elas a súa tarefa ten máis connotacións
que as incluídas no verbo “axudar”. O mundo laboral ocupa unha parte do
seu tempo que dedica tamén a diferentes activismos que nos últimos anos
comparte con dúas netas e dous netos.
Con ela coñecemos a actividade de centos de persoas, a maioría
mulleres, que traballan diariamente en fogares con persoas dependentes.
Un sector esencial, mais pouco valorado no que grandes empresas están a
encher os petos coa xestión de servizos públicos. Na procura de
respostas colectivas moitas compañeiras xuntáronse na Plataforma SAF
Galicia que nos últimos meses denuncia as precarias condicións destes
servizos.
Pechamos a entrevista con outra muller brava: Sés que canta "A paz esquiva”.
+info: alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas